XII CONGRESO ESTATAL ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Santiago de Compostela 27, 28 e 29 de outubro de 2022
SEDES: Cidade da Cultura e Auditorio de Galicia

Só admitiranse cancelacións de inscrición ata o día 16 de outubro. A partir desa data nno se farán devolucións da cota.
Os interesados en cubrir as baixas de última hora poden facer a solicitude de praza no seguinte correo: congresos@novadecongresos.com ata o 23 de outubro.

Os vindeiros 27, 28 e 29 de outubro de 2022 celebraremos en Santiago de Compostela o XII Congreso Estatal de Escolas Oficiais de Idiomas, organizado pola Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), que aceptou a encomenda da man da Federación de Asociacións de Profesorado de EOI de España no anterior congreso de Málaga en marzo de 2019. Inicialmente previsto para marzo de 2021 e posposto por causa da pandemia pola COVID-19, este congreso permitiranos retomar o intercambio de coñecementos e experiencias do que viñamos desfrutando nas nosas reunións bianuais.

Se a linguaxe é o trazo diferencial do ser humano e Santiago de Compostela o símbolo do camiño, o camiño das linguas é o lema perfecto para unha reunión de ensinantes de lingua na nosa cidade. Lingua e camiño aluden a idénticos valores esenciais do ser humano como o entendemento, o progreso,  ou a diversidade; a vivencia nas escolas oficiais de idiomas, tanto para o alumnado como para o profesorado, é a de transitar pola vía que dá acceso á cultura, que dá a chave do diálogo, que permite avanzar no descubrimento e o crecemento persoal.

Para APEOIGA e a EOI de Santiago de Compostela hai, ademais, unha noción fundamental asociada a estes dous conceptos de camiño e lingua, que é a do encontro. Santiago de Compostela, Cidade Patrimonio da Humanidade e meta do Camiño de Santiago, é lugar de acollida e punto de encontro de culturas, de linguas e de visións do mundo. Por iso, no contexto deste bienio Xacobeo 2021-2022, un encontro de profesores de linguas tan diversas nesta cidade é unha celebración do feito de xuntarnos e de compartir, algo tan necesario nos tempos que estamos a vivir.

Animádemos, pois, a participar neste XII Congreso Estatal de EOI, ben como asistentes ou como poñentes, para podermos desfrutar das vosas aportacións e da vosa compañía.

HOTEIS RECOMENDADOS
Algunha dúbida? Contáctanos


XII Congreso Estatal EOIs
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad